Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Realizou estudos de Dereito, Filosofía e Letras e Psicoloxía. En 1923 participou na fundación do Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiu a sección de Historia da Literatura. Foi membro da Real Academia Galega desde 1942 e correspondente das Reais Academias de Historia, de Lingua e de Belas Artes de San Fernando. Dirixiu o Museo Rosalía de Castro, o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra. En 1982 e 1883 foi Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia. Recibiu numerosos premios como recoñecemento ao seu traballo e erudición.
A súa obra literaria abrangue o xornalismo, a narrativa, a poesía, o ensaio e o teatro. O seu libro máis coñecido é o volume de prosas literarias Quintana viva (1971). Teñen especial relevancia as achegas que Filgueira Valverde fixo no campo da investigación. Boa parte do seu traballo nesta área aparece nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre 1979 e 1996. As súas achegas sobre lírica medieval reuníronse no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).Morreu en 1996 en Pontevedra, cidade da que foi alcalde.
Dedícaselle o Día das Letras Galegas no ano 2015.