19,50€

mercar

Adral

Xosé Filgueira Valverde

Coa intención "de manter viva a vocación de entregar aos demais o que un vai adeprendendo", Xosé Filgueira Valverde xuntou artigos escritos inicialmente para os xornais.

Estes artigos foinos publicando en libro, co título de Adral, desde 1979 ata o ano da súa morte. Como comenta o propio autor, "a súa unidade vén dada por un fito, Galicia, e polo anceio de servir á súa cultura. […] O Adral é quintana, portelo e achego que dá cabida para que un poida deterse a parolar un anaquiño, sobre isto e aquilo, en leria aberta e vagariña, como quen fala para descansar".

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 444
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2014-04-23
  • Colección : Biblioteca Filgueira Valverde
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-603-9
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

EricaAna Vigo

Filgueira Valverde, Xosé
Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Realizou estudos de Dereito, Filosofía e Letras e Psicoloxía. En 1923 formou participou na fundación do Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiu a sección de Historia da Literatura. Foi membro da Real Academia Galega desde 1942 e correspondente das Reais Academias de Historia, de Lingua e de Belas Artes de San Fernando. Dirixiu o Museo "Rosalía de Castro", o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra. En 1982 e 1883 foi Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia. Recibiu numerosos premios como recoñecemento ao seu traballo e erudición.

A súa obra literaria abrangue o xornalismo, a narrativa, a poesía, o ensaio e o teatro. O seu libro máis coñecido é o volume de prosas literarias Quintana viva (1971). Teñen especial relevancia as achegas que Filgueira Valverde fixo no campo da investigación. Boa parte do seu traballo nesta área aparece nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre 1979 e 1996. As súas achegas sobre lírica medieval reuníronse no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).Morreu en 1996 en Pontevedra, cidade da que foi alcalde.

Dedícaselle o Día das Letras Galegas no ano 2015


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR