Estás aquí:

Código: 167

O Triángulo inscrito na Circunferencia

26,70  IVE INCLUIDO
Publicada en 1982 e gañadora do Premio blanco amor e do Premio da Crítica
O Triángulo Inscrito na Circunferencia é a primeira novela de Víctor F. Freixanes, coa que se situou decontado entre as figuras máis sobranceiras da narrativa galega de fins do século XX. Reeditada agora en versión revisada polo autor, confirma o seu posto de obra clásica da narrativa galega contemporánea. Fresco intemporal en que as épocas se funden e confunden nun quimérico Mar dos Espellos, trátase dunha obra en que o real e o irreal, o tanxible e o imaxinado teñen a mesma forma aos ollos da xente con problemas moi palpables e prácticos, mais cuxa vida sempre está a abeirar o mítico e o fabuloso, como en certas obras literarias medievais. Polo seu alento narrativo e o pulo da súa imaxinación, O Triángulo inscrito na Circunferencia é unha das creacións máis singulares da novelística galega.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 508
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 26/12/2018
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 43
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-298-1
Observacións:

AUTORES/AS

F. Freixanes, Víctor
Víctor F. Freixanes

(Pontevedra, 1951) é autor dunha esixente obra literaria, amplamente recoñecida e multipremiada, que vai dende os libros de xornalismo, Unha ducia de galegos (1976) e Memorias dun fuxido (1980), a novelas de grande envergadura, como O triángulo inscrito na circunferencia (1982), O enxoval da noiva (1989), A Cidade dos Césares (1993) e Cabalo de ouros (2010). 

Con fotografías de X. Vilar Cardona publicou en 1989 unha recreación literaria da cidade de Pontevedra, O día que perdemos o mar, e, con debuxos do pintor Xosé Freixanes, Unha avelaíña na lámpada (2009). De 2023 é o relato breve Asalto ao tren da Portela.

Esta novela, tal como se explica no limiar, naceu en parte animado polo exemplo de Ramón Otero Pedrayo en Fra Vernero (1934), pois en galego non temos por que renunciar a abordar temas universais alén do noso espazo cultural específico. O Renacemento italiano, as liortas no pontificado nos séculos XV e XVI, o conflito entre as potencias de Occidente hai cincocentos anos, os libros da Biblia, a Comedia de Dante…, tamén somos nós. Incluída a Apocalipse.

En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega.

Foto do autor  de © Paco Vila Barros

As súas obras

A Cidade dos Césares
9788491519140
23.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.15€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
25.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
20.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.50€ CON IVE