Escoller onde buscar

F. Freixanes , Víctor

víctor
F. Freixanes , Víctor

(Pontevedra, 1951) é autor dunha esixente obra literaria, amplamente recoñecida e multipremiada, que vai desde os primeiros libros de xornalismo: Unha ducia de galegos (1976) e Memorias dun fuxido (1980), a novelas de gran envergadura como O triángulo inscrito na circunferencia (1982), O enxoval da noiva (1989), A Cidade dos Césares (1993) ou a máis recente: Cabalo de Ouros (2010).

Con fotografías de X. Vilar Cardona publicou en 1989 unha recreación literaria da cidade de Pontevedra: O día que perdemos o mar e con debuxos do pintor X. Freixanes, Unha avelaíña na lámpada (2009).

O autor recoñece que O triángulo inscrito na circunferencia, A Cidade dos Césares e Cabalo de ouros conforman unha triloxía temática arredor de Vilanova de Alba, ensoñación literaria detrás da cal esta a propia Galicia, en parte imaxinada e en gran parte real. A súa obra ensaística céntrase no ámbito da comunicación e o xornalismo. En 2017, foi elixido presidente da Real Academia Galega.

As súas obras

O Triángulo inscrito na Circunferencia
o-triangulo-inscrito-na-circuferencia
26.70€ CON IVE
Cabalo de ouros
cabalo
22.00€ CON IVE
O enxoval da noiva
enxoval
18.80€ CON IVE
Unha ducia de galegos
unha-ducia-de-galegos
24.95€ CON IVE