13,40€

mercar

O segredo do humor

Celestino Fernández de la Vega

Un libro que en 1963 tratou con profundidade interpretativa un problema difícil e complexo, que se resiste como poucos ao agudo estilete da meditación filosófica.

Dende entón este libro forma parte obrigada de calquera bibliografía esixente sobre o tema e son moitos os que pensan que nel se atopa a reflexión máis sutil e fina de cantas se levan feito sobre o humor. Non resulta raro que tal mérito lle corresponda a un pensador galego, membro dunha cultura na que o citado tema, como di el mesmo, forma parte da súa alma.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 184
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 200 mm
  • Data Publicación : 1983-01-01
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-030-0
  • Edición : 2

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Carliños, capitán!Xoán Babarro González
Unha cervexa ChangManuel Portas
O meu sangueDiego Giráldez
MaasaiAlberto Avendaño

Fernández de la Vega, Celestino
Celestino Fernández de la Vega (Friol, 1914-Lugo, 1986), avogado e ensaísta. É un dos maiores expoñentes do ensaio galego xurdido na década de 1960 ao redor de Editorial Galaxia. Foi un dos introdutores en Galicia do pensamento de Martin Heidegger, de quen traduciu en 1956, xunto con Ramón Piñeiro, Da esencia da verdade.
Escribiu numerosos artigos de prensa en publicacións como Faro de Vigo, La Voz de Galicia, La Noche e El Progreso.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR