Estás aquí:

Código: 2647

O rei Artur

19,50  IVE INCLUIDO
O mito do rei Artur é unha das máis cobizosas creacións da cultura europea. A tradición artúrica é o resultado da fusión de múltiples elementos ao longo dun período de tempo que vai dende o principio da Idade Media ata os nosos días. Dende Cunqueiro a Ferrín, a presenza dese mito fundacional na cultura galega é expresión da súa universalidade.
O amigo Merlín, a Táboa Redonda, a corte de Camelot, Guenevere e Lancelot, Perceval, a espada Excalibur e a busca do Graal forman parte da historia do rei Artur. Un mito, que desde a época celta ata hoxe, se converteu no símbolo da procura do coñecemento. Neste libro téntase deslindar o que hai nel de realidade histórica e o que ten de narrativa lendaria. Celtas, xermánicos e despois cristiáns, amais de rituais e didácticas milenarias, acabaron por construír un dos relatos máis fascinantes da nosa cultura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 240
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 28/10/2005
Dimensións 13 x 21 cm. mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-847-7
Observacións:

AUTORES/AS

Bernárdez Vilar , Xoán
xoann

Naceu en Marín en 1936. Leva a cabo unha intensa actividade como investigador no eido da historia, como demostran os artigos publicados en publicacións como Algália e Galicia social. Tamén cultivou a narrativa histórica. Resaltan as súas novelas Un home de Vilameán: anatomía dunha revolución, ¡Ouveade, naves de Tarsish!, Vento do Norte, vento do Sur e O ano do cometa, gañadora do premio Xerais 1986. En 1992 publicou ¡Xerusalén, Xerusalén!, resultado das súas viaxes por Oriente Medio, que constitúe unha tentativa de tratar o conflito que enfronta a árabes e israelís.

As súas obras

A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
20.65€ CON IVE
O rei Artur
o rei artur
19.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
22.20€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
20.65€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
22.95€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
29.60€ CON IVE
A lume manso. Estudios sobre historia social da alimentación
lume manso
20.00€ CON IVE