O que queda de nós ofrece xuntas as dúas versión da historia de dous seres que a vida separou e que se amaron sempre. (Unha árbore, un adeus, 1988; Ao pé do magnolio, 2004).
Marina Mayoral narra a historia de Laura e Paco e amósanos unha reflexión sobre ese sentimento misterioso que chamamos amor: “Un sentimento escolleito que moi poucos chegan a vivir, aínda que todo o mundo pensa que si. O amor non é o gusto, nin o agarimo, nin o bo entendemento, nin a admiración. É o único sentimento que non ten necesidade do obxecto para manterse vivo, medra coas dificultades, coa ausencia, coa distancia, e a morte non pode nada contra el”.
En O que queda de nós, Marina Mayoral danos a clave para entender a historia de amor deses dous seres que por fin están xuntos.
(Mondoñedo, 1942) é novelista, articulista, catedrática xubilada de Literatura Española da Universidade Complutense de Madrid e académica de honra da Real Academia Galega. Escritora bilingüe en galego e castelán, foi traducida ao alemán, italiano, portugués, catalán, polaco, inglés e chinés. Publicou catro libros de relatos e dezanove novelas, entre as que destacan en galego Chamábase Luis, Tristes armas, traducida para o castelán, polaco e inglés; en castelán, Recóndita armonía, traducida para o alemán, italiano, chinés e polaco. No ámbito académico son de salientar os seus estudos sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán. Desde 1995 mantén unha columna semanal en La Voz de Galicia.