Estás aquí:

Código: 2279

O prodixio dos zapatos de cristal

esgotado
Editorial Galaxia publica O prodixio dos zapatos de cristal, recreación do conto tradicional de Charles Perrault a cargo de Xosé A. Neira Cruz. Xunto con O debut de Martino Porconi a editorial inicia unha nova colección, Árbore Musicontos, nun ambicioso proxecto nacido da colaboración coa Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical ("La Cenerentola", de Rossini) e da voz da actriz de dobraxe Teresa Santamaría.
Literatura e música danse a man neste musiconto (libro+CD) ilustrado por Rodrigo Chao, de tal xeito que o lector-oínte gozará dunha experiencia estética a varios niveis: o pracer dun conto ben escrito, o pracer dun conto ben narrado, e o pracer da música, que actúa coma un soporte perfecto para toda a historia. Xosé A. Neira Cruz e o director da Real Filharmonía de Galicia, Maximino Zumalave, traballaron man con man para seleccionar as partes da ópera de Rossini que servirían para ambientar o conto nesta nova versión, un chisco irreverente, pero que nos permite volver a ler a historia clásica con ollos novos. Este musiconto é, xa que logo, un libro que vai poder ser gorentado tanto polos máis pequechos da casa como polos adultos. Non é só a historia. Tampouco só a música. O musiconto é un conxunto onde todo se une para engrandecer a literatura e o gusto por contar. Se os bos libros teñen que esforzarse en agradar e entreter, este libro que agora presentamos cumpre con eses obxectivos sobradamente.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 44
Deseño: Cartoné
Data Publicación: 01/12/2008
Dimensións 300 x 225 mm mm.
Colección: Árbore Musicontos
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-141-6
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Neira Cruz, Xosé Antonio
Neira Cruz

Nacido en Compostela en 1968, é un dos autores de libros dirixidos a público infantil e xuvenil máis relevantes do panorama galego actual. Licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información. En 1989 obtivo o premio Merlín por Ó outro lado do sumidoiro, o seu primeiro libro publicado. Logo apareceron outros como Melanio e os paxaros e Os gatos de Venecia. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con Valdemuller e Os ollos do Tangaleirón. Entre a súa produción destacan outros títulos como O armiño dorme, A memoria das árbores e O xenio do sultán.

Recibiu en 2008 o Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques con O punto da escarola, e en 2009 o Manuel María de Literatura Dramática Infantil pola súa obra Sopa de xarope de amora, sendo así recoñecido por segundo ano consecutivo nos galardóns literarios que convoca a AGADIC.

As súas obras

As vidas de... Antonio Fraguas
as-vidas-de-antonio-fraguas
14.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore Musicontos

O debut de Martino Porconi
porconi
esgotado
O prodixio dos zapatos de cristal
prodixio
esgotado
Un bico de amor e vida
bico
27.40€ CON IVE