O porco de pé (1928) é unha das obras máis coñecidas de Vicente Risco, ademais da primeria novela galega moderna, segundo moitos críticos.
Aínda que o pretexto da obra é o ascenso de don Celidonio cara á cúspide da sociedade nunha Galicia caciquil, as súas páxinas son en realidae un cadro paródico amargo da época, onde o narrador dispara o torto e a dereito contra todas as ideoloxías, correntes artísticas, agrupacións políticas e estamentos sociais, para pintar unha imaxe global e esperpéntica da Galicia de comezos do século XX. Unha pintura que nos leva da risa á gatgallada en desacougo amargo. Estamos ante unha novela que reborda intelixencia e que continúa a conservar a súa actualidade, a súa vixencia e a súa frescura.
Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) foi unha das personalidades intelectuais máis complexas e relevantes da Xeración Nós. Autor dunha extraordinaria obra literaria, ensaística e investigadora, destacan nela títulos coma Teoría do nacionalismo galego (1920), os relatos baseados en lendas populares O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925), a novela O porco de pé (1928), o libro de viaxes Mitteleuropa (1934), a peza de teatro O bufón de El Rei (1928) e a súa novela en castelán La puerta de paja (1952).