Estás aquí:

Código: 18865

O outeiro do amieiro

14,70  IVE INCLUIDO

O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas. E non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta novela non é unha persoa coma ti ou coma min. Non é nin sequera un rato ou un golfiño. Trátase dun amieiro, unha simple árbore. E unha árbore teno moi complicado para ir polo mundo adiante, aínda que sexa o carballo máis ergueito.
Mais a árbore desta novela sempre quixo deixar o lugar onde naceu. Sempre quixo moverse, camiñar dun lado ao outro, coñecer sitios novos.
E, daquela, a natureza ofreceulle unha apaixonante aventura. E aquí a tes, a narración do amieiro que quixo coñecer o mundo e o seu percorrido. Cada páxina é unha porta, e a chave para abrilas todas é a lectura.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 178
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 04/03/2024
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Costa Oeste
Nº na colección: 148
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-197-0
Observacións: Tradución de María Ramos Salgado

AUTORES/AS

Lertxundi, Anjel
Anjel Lertxundi

(Guipúscoa, 1948) Estudou Filosofía e Letras. Foi un dos fundadores da Asociación de Escritores en Lingua Vasca e o seu primeiro presidente. Gañou en 1983 e 1992 o Premio da Crítica de Narrativa en Éuscaro, e o Premio Euskadi de Literatura en 1999. En 2010 obtivo o Premio Nacional de Ensaio.

Ten máis de trinta obras dirixidas ao público infantil e xuvenil. O seu traballo literario caracterízase por un ton poético e musical, logo a súa obra vai adquirindo un ton máis intimista, de procura interior.

En 2006 Galaxia publicou en galego Felicidade perfecta, novela dirixida ao público xuvenil, en 2009 Bícame mon amour, na colección Árbore 12 anos.

Foto de Dani Blanco

As súas obras

Ti
9788491515562
22.10€ CON IVE

COLECCIÓN

Costa Oeste

2044
2044
17.20€ CON IVE
A besta moura
besta
12.90€ CON IVE
A boca do monte
A boca do monte
14.50€ CON IVE
A cámara escura
9788491515838
10.20€ CON IVE
A derradeira bala
a-derradeira-bala
12.60€ CON IVE
A desaparición de Evelyn
desaparicion evelyn
14.00€ CON IVE
A dona de Auria
15.50€ CON IVE
A era de Lázaro
era lazaro
11.50€ CON IVE