23,75€

mercar

O oficio de vivir

Cesare Pavese

Unha meditación sobre a vida, o amor, os soños, as lembranzas e a arte ao tempo que testemuño dun modo de estar no mundo.

Este libro, iniciado no ano 1935, durante os días do seu confinamento político, acompaña a Cesare Pavese deica o 18 de agosto de 1950, nove días antes da súa morte. Este diario convértese pouco e pouco na obra en que o escritor e editor italiano deixa constancia dos seus pensamentos sobre o mundo e na que inclúe as súas confesións derradeiras sobre os dramas íntimos que esgazaban a súa existencia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 489
  • Deseño : cartoné
  • Dimensións : 14,5 x 22 cm
  • Data Publicación : 2006-12-28
  • Colección : Clásicos Universais
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-977-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Carliños, capitán!Xoán Babarro González
Unha cervexa ChangManuel Portas
O meu sangueDiego Giráldez
MaasaiAlberto Avendaño

Pavese, Cesare
(Santo Stefano Belbo, 1908 - Turín, 1950). É unha das figuras fundamentais da literatura contemporánea. Estudoso e pensador que se recoñecía na esquerda italiana, suicidouse os corenta e dous anos de idade. Traductor ao italiano de Hesiodo, Herman Melville, Joyce e Dickens, a súa obra poética, narrativa e ensaística ocupa un lugar capital na cultura do século XX, e relatos ou novelas como La spiaggia ou La bella estate marcan unha etapa decisiva na evolución da narrativa occidental. O seu diario, O oficio de vivir, é un dos libros de maior influencia e resonancia máis duradeira na Europa contemporánea.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR