En setembro do 2004 tiveron lugar os II Encontros de Mondariz-Balneario, auspiciados pola Fundación Carlos Casares. O título elixido para esta ocasión, O goberno do mundo. Presente e perspectivas do estado nacional, pretendía ser un estímulo para debater a saúde do Estado moderno, invento crucial na historia da humanidade, que hoxe semella en transo de redefinición.