O desenvolvemento comunitario localUn reto da sociedade civil. Elementos teóricos e metodolóxicos Son os fondos cambios que leva experimentado a sociedade galega nas últimas décadas (perda de peso do mundo agrario, febleza das estruturas urbanas, procesos de integración económica e globalización cultural) os que determinan unha nova visión do local, entendido como ámbito posible para a iniciativa colectiva e as decisións anovadoras. Este libro, coordinado por Xan Bouzada, reúne traballos que pretenden achegar desde a teoría e a metodoloxía, pero sobre todo desde as experiencias, elementos de reflexión sobre unha idea que, como di o sociólogo bretón Paul Houée, aparece cargada de expectativas. Cóntanse iniciativas de desenvolvemente comunitario levadas a cabo en Bretaña, Cataluña, Portugal e Galicia. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasObras do autor en catálogoActividades relacionadasNovidades
| |||||||||||
|