Estás aquí:

Código: 653

Galicia e a sociedade das nacións

13,60  IVE INCLUIDO
Este libro recupera os primeiros antecedentes da participación de Galicia, con voz propia e diferenciada, na escena europea e internacional
Xulio Ríos analiza un dos aspectos menos coñecidos do galeguismo histórico: o intento de vertebrar unha política internacional orientada ao recoñecemento exterior da condición nacional de Galicia, propiciando o seu inserimento na comunidade universal dos pobos.

Despois de referirse ás constantes fundamentais que definen o problema nacional na Europa de entreguerras e de sinalar os principios e liñas de orientación básica aplicadas polo galeguismo neste terreo (celtismo, iberismo, etc.), o autor detense na participación de Galicia nos Congresos de Nacionalidades Europeas. O lector coñecerá as claves deste importante organismo, así como as vicisitudes da participación galega e os problemáticos vencellos coa Sociedade das Nacións.

Abórdase, pois, neste libro un feito histórico e político de grande trascendencia, xa que recupera os primeiros antecedentes da participación de Galicia, con voz propia e diferenciada, na escena europea e internacional.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 120
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 01/10/1992
Dimensións 135 x 200 mm. mm.
Colección: Agra aberta
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-839-9
Observacións:

AUTORES/AS

Ríos , Xulio
xulio

Xulio Ríos (Moaña, 1958) é director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Licenciado en Dereito pola USC, é autor e coautor de máis dunha ducia de libros de temática internacional. Asiduo colaborador de diferentes medios como El País, La Vanguardia ou Diario El Correo, ademais de diversas revistas especializadas, dirixe Tempo Exterior, revista galega de análise e estudos internacionais.

As súas obras

Galicia e a sociedade das nacións
galicia
13.60€ CON IVE
Nós no mundo. Unha política exterior para Galicia
mundo
22.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Agra aberta

A xeración Galaxia
xeracion
esgotado
Galicia e a sociedade das nacións
galicia
13.60€ CON IVE
O desenvolvemento comunitario local
21.95€ CON IVE
Redes sociais e conxuntos de acción
13.60€ CON IVE