Estás aquí:

Código: 664

A xeración Galaxia

esgotado

A narración da aventura cultural e política protagonizada por un feixe de homes que nos anos máis escuros do franquismo loitaron pola pervivencia da identidade de Galaxia

Editorial Galaxia, fundada en 1950, foi o punto de encontro, o proxecto compartido entre os sobreviventes do galeguismo anterior á Guerra Civil e as novas promocións intelectuais que agromaban daquela a unha empobrecida vida galega.

Este libro é a crónica interna e externa, obxectiva e emocionada, daquela singular tarefa de reconstrución contada por un dos seus principais protagonistas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 212
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 01/03/1996
Dimensións 135 x 200 mm. mm.
Colección: Agra aberta
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-037-2
Observacións:

AUTORES/AS

Fernández del Riego, Francisco
Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego, don Paco (Vilanova de Lourenzá, 1913- Vigo, 2010), dende os anos 30 desenvolveu un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia. Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega.

Foi recoñecido con numerosos galardones como unha das principais figuras de Galicia (Premio Trasalba, Premio Pedrón de Ouro, Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, Premio de creación cultural da Xunta de Galicia etc.). Foi nomeado Doutor honoris causa pola Universidade de Vigo e Galego Egregio pola Fundación dos Premios da Crítica. En 2023 a RAG dedícalle o Día das Letras Galegas.

 

 

As súas obras

Un epistolario de Ramón Piñeiro
epistolario piñeiro
25.95€ CON IVE

COLECCIÓN

Agra aberta

A xeración Galaxia
xeracion
esgotado
Galicia e a sociedade das nacións
galicia
14.30€ CON IVE
O desenvolvemento comunitario local
21.95€ CON IVE
Redes sociais e conxuntos de acción
15.10€ CON IVE