Bouzada, Xan

xan
Bouzada, Xan

Xan Bouzada Fernández (Lugo, 1951-Vigo, 2008). Doutor en Socioloxía, publicou varios libros sobre a materia da súa especialidade centrados na realidade galega, como Escola, cultura e vida comunitaria nun concello galego: Moaña, A situación socio-cultural dos concellos galegos e O desenvolvemento comunitario local. É autor tamén de Familia e comunidade. Xunto a Anxo M. Lorenzo Suárez escribiu Redes sociais e conxuntos de acción.

Incorporouse ao consello de redacción de GRIAL en 1989, na etapa que dirixiu Carlos Casares. Ao longo destes case vinte anos, participou activamente nos labores da revista con numerosas colaboracións, encargándose, ademais, da coordinación dos monográficos Os dilemas da acción cultural (número 130, 1996), Sobre a sociedade da cultura (149, 2001), Demografía galega, un devalo imparable? (162, 2004), Espazos da cultura (168, 2005). Nestes días distribuíuse o último número (177, 2008), onde coordinou a sección Desafíos da educación.

As súas obras

Familia e comunidade
familia e comunidade
12.10€ CON IVE
O desenvolvemento comunitario local
21.95€ CON IVE
Redes sociais e conxuntos de acción
14.10€ CON IVE