Estás aquí:

Código: 1699

O derradeiro bandido

14,00  IVE INCLUIDO
Un dos maiores éxitos da recente narrativa xuvenil en catalán.
Esta novela histórica e de aventuras foi publicada por vez primeira en 1986 e desde entón tivo que ser reeditada en máis de quince ocasións. Todo empeza nunha crúa noite de inverno, cando un neno de poucos días aparece abandonado á porta dun convento. Son tempos de guerras carlistas, de loitas populares e de bandoleirismo. E aquel rapaciño de escuras orixes, criado polos monxes e destinado á carreira eclesiástica, vaise ver arrastrado pola forza das circunstancias a unha vida azarosa e chea de perigos. En O derradeiro bandido atopará o lector unha amenísima e transparente narración na que conviven en perfecta harmonía historia colectiva e aventura individual.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 172
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/09/1995
Dimensións 115 x 205 mm.
Colección: Árbore a partir de 12 anos
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-010-5
Observacións:

AUTORES/AS

Franco, Josep

Naceu en Sueca (Valencia) no ano 1955. Cursou estudios de Maxisterio, Pedagoxía e Filoloxía. Pertence á xeración de narradores valencianos en lingua catalana que empezaron a publicar a principios dos anos 80, estimulados polos múltiples premios literarios creados daquela. Autor de novelas e ensaios, Franco é un dos autores máis lidos da actual narrativa catalana. O derradeiro bandido é a primeira das súas novelas que aparece traducida ao galego.

As súas obras

O derradeiro bandido
foto
14.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Árbore a partir de 12 anos

A brava Sofía
brava sofia
esgotado
A casa da Madriña
foto
esgotado
A casiña azul
casiña
14.00€ CON IVE
A chave de ouro
foto
descatalogado
A chave dos soños
foto
11.90€ CON IVE
A guía fantástica
foto
descatalogado
A longa viaxe
foto
14.00€ CON IVE
A procura de Park
foto
descatalogado