ESGOTADO
Unha historia chea de maxia, misterio e de moitas aventuras fantásticas. "Debo comezar explicando como me convertín en vento. Eu era un neno e chamábame Cidre. Non, eu chamábame eu". Desta maneira misteriosa comeza esta nova obra de Marica Campo, unha autora que, dende hai ben tempo, goza dos favores dos que saben apreciar a boa literatura.
Terás que ler o libro se queres saber todo o que agocha dentro.
Marica Campo naceu en Val do Mao en 1948. Dende sempre compaxina a docencia coa literatura. A pesar de ser moi coñecida como poeta, nos últimos anos está a destacar tamén polas súas incursións na narrativa e no teatro. Entre outros méritos, foi letrista do mítico grupo galego Fuxan os ventos.
Entre as súas obras cómpre salientar títulos como Confusión e morte de María Balteira, Memoria para Xoana, Abracadabras e a adaptación teatral do clásico de Curros Enríquez O divino sainete.