Tradución: PERFECTO CONDE
Relata os últimos días dun pai ao coidado do seu fillo, quen repasa a súa propia traxectoria. Desgarrada purga da memoria do narrador. A escritura como ferramenta introspectiva. O drama humano do éxodo rural e a emigración. Sofren desarraigamento, deixan atrás a pobreza en busca dun soño, pero teñen desigual sorte na procura de fortuna ou sinxelamente en mellorar. A expulsión do Paraíso en busca de El Dorado. Se o exilio foi duro, a emigración non o foi menos. Regresar en peores ou iguais condicións que se marcharon era unha humillación. Antes de volver, algúns preferiron morrer de indixencia na terra de acollida. Falsa novela, falsas memorias, autoficción, memoria novelada? Ficción baseada en feitos reais.

J. Benito Fernández (Tomiño, 1956) é un recoñecido autor de biografías que a crítica coincidiu en alabar como exemplos de traballo exhaustivo e rigoroso: El contorno del abismo. Vida y leyenda de Leopoldo María Panero (2023), Eduardo Haro Ibars: los pasos del caído (2005), El incógnito Rafael Sánchez Ferlosio. Apuntes para una biografía (2017), El plural es una lata. Biografía de Juan Benet (2024) e Las claves de lo oscuro. Biografía de Ángel Guinda (2025). Nesta senda tamén publicou o ensaio Gide/Barthes. Cuaderno de niebla (2011).
Non creo en máis vida ca esta é a súa primeira incursión na ficción.