NeveOrhan PamukPublicada orixinariamente en turco no ano 2002, Neve está considerada unha das obras mestras de Orhan Pamuk pola súa concepción narrativa, na que a intriga se combina axeitadamente coa poesía. A historia que Pamuk conta en Neve céntrase na viaxe dun poeta exiliado á meláncolica cidade de Kars, que acaba de sufrir unha vaga de suicidios de mozas por se lles prohibir o uso do veo. O obxectivo do poeta e protagonista da novela é escribir sobre esta cadea de feitos tráxicos. Pamuk aproveita a atmosfera da cidade, envolveita nunha nevarada constante, para elaborar unha metáfora da melancolía. A novela introduce a lectores e lectoras nun universo ficional no que a farsa, a crueldade e a violencia se personifican na cidade de Kars e na atracción que o poeta protagonista sente por unha muller, a fermosa Ipek, e pola figura dun terrorista carismático. |
RecensiónsDetalles
Noticias relacionadasGalaxia publica unha nova novela de Pamuk2011-06-28 10:55:05
Obras do autor en catálogo
Actividades relacionadasPresentación dos últimos títulos da Biblioteca Compostela2010-01-22 11:30:00
Novidades
| |||||||||||||||||
|