Estás aquí:

Código: 19475

NACIONAL 547

19,80 € IVE INCLUIDO

PREMIO NOVELA GALICIA RURAL 2026

Nacional 547, máis que unha estrada, é a vea aberta pola que se desangra en arelas e frustracións a vida dun adolescente na Palas de Rei dos anos oitenta. O mozo retorna coa súa familia, desde a diáspora xarnega, no barcelonés barrio de Horta, a unha vila rural que para el será un territorio de exilio cuxas coordenadas lle resultan incomprensibles. Atoutiñante e desorientado, irá descifrando a existencia na procura de redención grazas aos códigos achados na amizade e na traizón, no sexo e no desamor, nas drogas, na violencia, na soidade, na literatura, no rock… Un relato iniciático adubado con pornografía, heavy metal e Goma 2, que non deixará indiferente a ninguén.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 208
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 03/11/2026
Dimensións 150 X 230 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 542
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-649-4
Observacións:

AUTORES/AS

De Cea, Xosé
de cea

(Barcelona, 1970) exerce a escrita en diversos ámbitos como poesía, narrativa e ensaio. Traballou para La Voz de Galicia e o Sindicato Labrego Galego, editando máis de cen números do voceiro desta organización agraria, Fouce. Ademais, colaborou con xornais e revistas como A Nosa Terra, Nós Diario, Tempos Novos, Luzes, Praza Pública e Cerna, entre outras.

A súa obra publicada reflicte esta diversidade. En poesía, deu ao prelo Presenza da fenda (2001), Solsticio de río (2010), Vilareda (2018), Versos para alén da ponte (2020) e Dende a miña barricada de sofás e canapés (2023). En narrativa infantil e xuvenil, O lume dos soños (2004), Revolución Detrito (2019) e En terra rara (2021). No eido do ensaio publicou a crónica Baixo a lona preta. Xornal de viaxe dun brigadista na Baia do MST (2013) e O que estou a dicir cando digo “Altri non!” (2025). Nacional 547 (IV Premio de Novela da Galicia Rural) é a súa segunda obra narrativa orientada ao público adulto e dá continuidade a Coímbra (Galaxia, 2023).

As súas obras

Coimbra
9788411760300
19.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.75€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
28.15€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.60€ CON IVE
70º norte
9788411761420
22.55€ CON IVE
900
900
22.60€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
26.10€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
21.40€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.90€ CON IVE