Estás aquí:

Código: 429

Microbios e outros paquidermos (V Premio Repsol 2011)

15,50  IVE INCLUIDO
Premio de Narrativa Breve Repsol 2011
Nesta quinta edición, o premio de narrativa breve organizado pola Fundación Repsol en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, e publicado por Editorial Galaxia, outorgouse a unha obra na que reúne máis dun cento de relatos-lóstrego nos que se reflicte a fascinación do autor por procurar un máximo efecto a partir dunha estrutura fugaz que permite abrollar a ironía e o sentido do humor. O libro premiado, que parte dunha concepción narrativa unitaria e coherente, segundo o autor é "un libro para pensar, pois ao traballar cun texto reducido, é o lector quen ten que pechar o círculo que o relato abre. A participación do lector é definitiva nos meus textos". Microbios e outros paquidermos é un bosque de bonsais, un labirinto de espellos polo que demabula Van Gogh, o contemplativo Hioshiro, Saib, Salman o faquir, algún felino, un embalsamador, a princesa e o sapo, unha serpe de Sonora, os comedores de palabras ... e todas as contradicións dos nosos días. Coas palabras xustas e coa axuda implícita do lector, debúxase un camiño de formigas e robinsóns procurando que os desvalidos microbios se transformen en paquidermos na selva do pensamento. Libro de narrativa no que se cuestionan as fronteiras xenéricas e no que os recursos literarios proveñen de xéneros e referencias diversos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 136
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-406-6
Observacións:

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Díaz-Castroverde, Fernando
fernando

(Lugo, 1967) recibe numerosos premios poéticos, entre eles o Premio de Poesía Concello de Carral. Froito deste traballo é a publicación en 1998 do seu poemario Camiño de píntegas. Participa tamén en libros colectivos coma o do Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989) e a súa obra publícase en diferentes revistas coma A Xanela, a revista universitaria A Gaveta e A Trabe de Ouro.

As súas obras

Microbios e outros paquidermos (V Premio Repsol 2011)
micro
15.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE