A interelación entre vida o obra de Manuel Lugrís Freire queda perfectamente establecida na Antoloxía que, da súa obra literaria e xornalística, realizou Xabier Campos Villar.
Para coñecer un autor é preciso afondar en ambos os dous aspectos. Esta escolma, amáis de ser un complemento da obra de Manuel Lugrís Freire: unha biografía, contén unha síntese bioblibliográfica, unha explicación dos textos escolmados e unha completa bibliografía. Dese xeito facilítase ao lector a procura da circunstacia na que foi concibida a multifacética obra de Lugrís Freire.
A Antoloxía recolle textos das súas dirferentes épocas vitais (dende 1885 ata 1931) e dos diversos xéneros nos que traballou ( poesía, prosa, teatro, xornalismo e oratoria).
Viviu entre 1863 e 1940, setenta e sete anos dunha vida a cabalo, entre dous séculos fundamentais para a nosa historia e partircularmente para a nosa literatura.
Autor dunha ampla obra que abrangue todos os xéneros: a poesía con títulos como Soidades, Noitebras, Versos de loita e Ardencías; o teatro con pezas como A costureira d’aldea, Esclavitú, O pazo e Estadeliña; e a narrativa coa novela curta O penedo do crime e os seus Contos de Asiedumedre.
É o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2006.