A historia dunha muller que rompe coas convencións impostas polo seu mundo e o seu tempo. A crónica minuciosa do seu fracaso e da súa soidade. Unha obra mestra da literatura universal.
Madame Bovary é a novela máis ambiciosa de Flaubert. Protagoniza este cativador relato Emma Bovary, unha fermosa muller de temperamento inquedo e soñador, insatisfeita coa vida de rutina provinciana que lle brinda a súa voda cun médico de carácter bondadoso e espírito prosaico. Atrapada pola saudade dun vivir que concibe como unha perpetua primavera, Madame Bovary vaise adentrar no camiño da transgresión das regras morais da súa época, enfrontándose co desprezo da sociedade e coa súa propia perdición individual.
Detalles do libro
Paxinas: 368
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 01/04/1994
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na Colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-900-6
Observacións: 11ª impresión, abril 2017
AUTORES/AS
Flaubert , Gustave
Gustave Flaubert naceu o 12 de decembro de 1821, en Ruán, Normandía, e morreu o 8 de maio de 1880, en Croisset, nunha casa de campo nas cercanías de Ruán.