Estás aquí:

Código: 19413

LOVERS

19,00  IVE INCLUIDO

Amor, desamor, tensión, paixón, encontros e desencontros… e moito humor hai neste universo das emocións. Un tour de force literario onde unha muller e un home, que poden ser a mesma e o mesmo en diferentes etapas da súa existencia, ou da súa emocionalidade, poñen sobre a mesa as prendas do seu amor para descubrir gozos e carencias.  Nunha xeografía de peripecias vitais que abrangue Vigo, Santiago de Compostela, Amsterdam, Buenos Aires, Nova York, Milán, Londres e Washington, estes amantes-lovers permiten que entremos neles para compartir con nós moita risa intanxible, adeuses esgazadores e as conclusións inevitablemente certeiras de quen se arriscan a vivir a vida co corazón nas mans.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 172
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 23/06/2026
Dimensións 150 X 230 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 538
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 9788411766081
Observacións:

AUTORES/AS

Porteiro, María Xosé
María Xosé Porteiro

(Madrid, 1952) é xornalista, escritora e feminista. Traballou en prensa e radio en medios como El Pueblo Gallego, Radio Popular, Tiempo, El País, The Washington Post, Tribuna Feminista e La Voz de Galicia, entre outros. 

Foi tenente de alcalde do Concello de Vigo (19871991 e 20032007), onde creou a primeira Concellería de Igualdade e a Casa de Acollida de Galicia, e xefa de Prensa e Relacións Públicas deste Concello (19842017). Entre 19891997 foi deputada no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados​ entre 20042007, ademais doutros cargos. 

Formou parte do Consello da Cultura Galega (20142022), onde dirixiu o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). En 2009 recibiu a Encomenda ao Mérito Civil pola súa contribución á política exterior española, e desde agosto de 2019 é adxunta á Valedora do Pobo. 

Das súas publicacións poden citarse o ensaio Quen é quen no primeiro parlamento galego (1981, en colaboración) e as novelas Covardes (2002), Sándalo (Galaxia, 2019) e Tabiba (2023).

Foto da autora de: Pepe Ferrín

 

As súas obras

Sándalo
9788491513193-1
25.05€ CON IVE
Avendaño, Alberto
Alberto-Avendano

(Vigo, 1957) é escritor e xornalista cunha carreira profesional en dous mundos (en Galicia coa TVG e nos Estados Unidos con The Washington Post), e en tres idiomas (galego, castelán e inglés). Con Antón Reixa e Manuel M. Romón forma parte do Grupo de Comunicación Poética Rompente (1976-1983), vangarda literaria durante a transición democrática española, onde fai colaboracións artísticas con Menchu Lamas e Antón Patiño, así como cos músicos Enrique X. Macías e Julián Hernández (Siniestro Total). Traballou para a RTVG e o CDG, antes de emigrar aos Estados Unidos durante trinta anos, onde a súa obra se recolle en publicacións da Academia Norteamericana da Lingua Española, da que é membro. De regreso a Galicia, Avendaño volve a Rompente cos poemarios Que hostia din os rumororosos? (2021) e CAOSMOS (2022) con Antón Patiño. Autor de literatura infantil (dous Premios Barco de Vapor), teatro e tradutor ao galego de clásicos da literatura en inglés, Avendaño recibiu os recoñecementos máis importantes da prensa hispana dos Estados Unidos, así como tres Premios Emmy™ da Academia da TV estadounidense.

Autoría foto autor: Alexandra Arata.

As súas obras

Aventuras de Sol
aventuras sol
12.30€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.75€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
28.15€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.60€ CON IVE
70º norte
9788411761420
22.55€ CON IVE
900
900
22.60€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
26.10€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
21.40€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.90€ CON IVE