Estás aquí:

Código: 2193

Lingua galega e literatura. 3º ESO

26,70  IVE INCLUIDO
O libro de lingua galega e literatura de 3º da ESO consta de 12 unidades, cada unha delas dividida en 5 seccións. Como xa é tradicional nas propostas didácticas de Galaxia, ofrecemos uns libros que organizan a información en dobres páxinas, como se fosen un encerado, para facilitar o estudo e comprensión dos contidos que se van tratar.
1. LECTURA MOTIVADORA
Todas as unidades abren cunha lectura que adoita servir de introdución aos tipos textuais que se presentan despois ou a outros contidos traballados (elementos de vocabulario ou a parte específica de literatura). Unha sección concibida a partir de preguntas encamiñadas a fomentar a comprensión do contido do texto, que os rapaces reflexionen e se expresen —de xeito oral ou escrito…— sen descoidar os aspectos relacionados coa educación en valores. Do mesmo xeito ofrece outras propostas literarias e artísticas que poden ser do interese do alumnado coa idea de motivalos para que continúen explorando outros elementos culturais dende o texto de partida.

2. TRABALLAMOS COA LINGUA
Divídese á súa vez, seguindo as directrices do currículo oficial, en Modelo textual, Funcionamento da Lingua e Oralidade.

MODELO TEXTUAL E FUNCIONAMENTO DA LINGUA
Aquí combinamos contidos e actividades de comprensión, reflexión e creación, para que resulte dinámico e atractivo para o alumnado.

ORALIDADE
A dobre páxina de Oralidade pretende traballar as destrezas de comprensión e produción oral, así como o vocabulario e a fraseoloxía presentes nos textos reais ou simulados que se propoñen. As actividades abordaranse a partir do audio que está no CD do profesor, que tamén inclúe as propostas dixitais complementarias.

3. A LINGUA E NÓS
Analizamos a realidade sociolingüística galega, do Estado e do mundo. Tamén se abordan as situacións de contacto de linguas e promóvese a eliminación de estereotipos e prexuízos lingüísticos.

4. LITERATURA
Ademais dos contidos teóricos, apostamos por apartados novidosos, como o que chamamos Agora escribes ti, que invita os rapaces e rapazas a inserirse no proceso creador. Un completo Obradoiro Literario.

5. O FAIADO DAS LETRAS
Unha completa selección de textos representativos, tanto do panorama literario galego como da literatura universal, relacionados cos contidos expostos na parte teórica. As actividades están deseñadas para que o alumnado desenvolva os coñecementos adquiridos dun xeito máis práctico.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 204
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 20/04/2011
Dimensións 240 x 210 mm. mm.
Colección: Libro de texto
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-366-3
Observacións:

AUTORES/AS

Non temos datos do autor

COLECCIÓN

Libro de texto

Lingua e literatura galega. 1º Bacharelato
texto
esgotado
Lingua galega e literatura. 1º ESO
lingua1
26.40€ CON IVE
Lingua galega e literatura. 2º Bacharelato
libro
29.00€ CON IVE
Lingua galega e literatura. 2º ESO
2
26.40€ CON IVE
Lingua galega e literatura. 3º ESO
lingua3
26.70€ CON IVE
Lingua galega e literatura. 4º ESO
lingua4
26.70€ CON IVE