Estás aquí:

Código: 716

Libra

12,90  IVE INCLUIDO
"Dende o bicarelo do bico do brelo
o verbo pinga pingas de cristal carambelo
sobre a páxina en branco de silencios xeada."
Galardoado co premio de poesía Martín Codax 2000, este poemario leva o título Libra, do que o propio autor destaca que é un lema escollido moi conscientemente. Trátase, como declara, do "único signo do zodíaco de construción humana" e tamén da forma feminina de "libro". Isto pode darnos unha idea de cómo Navaza concibe a súa poesía: para el, é sobre todo arte e artificio, e non expresión dunha suposta autencidade na que non cre, no que atinxe á creación poética. O libro premiado publícase na colección Dombate, onde xa vira a luz o primeiro poemario de Gonzalo Navaza, Fábrica íntima, distinguido co Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de 1989.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 84
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/11/2000
Dimensións 135 x 200 mm.
Colección: Dombate (Poesía
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-393-9
Observacións:

AUTORES/AS

Navaza, Gonzalo
gonzalo navaza

Filólogo, escritor e traductor nacido en Lalín en 1957. É profesor universitario en Vigo. A súa obra literaria é dunha gran orixinalidade. En 1991 publicou Fábrica íntima, que recibiu o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón. A este seguiu A torre da derrotA, interesante poemario construído todo el coa difícil técnica dos versos palindrómicos. En 2000 apareceu Libra, que recibiu ese ano o Premio Martín Códax e o ano seguinte o Premio Nacional da Crítica. Da súa obra narrativa destaca especialmente Erros e tánatos (1996), conxunto de relatos que toman como motivo as equivocacións e a morte.

En 2008 publica en Galaxia a tradución de As flores do mal, de Baudelaire.

As súas obras

Fábrica Íntima
foto
10.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Dombate (Poesía

A fraga prateada
fraga prateada
10.90€ CON IVE
A illa das mulleres loucas
a illa mulleres loucas
12.90€ CON IVE
A nada destemida
9788471548221
12.00€ CON IVE
A ponte das poldras
ponte das poldras
12.00€ CON IVE
A rosa de ninguén
a rosa ninguen
esgotado
A traxectoria caótica do péndulo
pendulo
10.70€ CON IVE
Acusación
acus
12.90€ CON IVE
Antiga claridade
antiga claridade
12.00€ CON IVE