Filólogo, escritor e traductor nacido en Lalín en 1957. É profesor universitario en Vigo. A súa obra literaria é dunha gran orixinalidade. En 1991 publicou Fábrica íntima, que recibiu o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón. A este seguiu A torre da derrotA, interesante poemario construído todo el coa difícil técnica dos versos palindrómicos. En 2000 apareceu Libra, que recibiu ese ano o Premio Martín Códax e o ano seguinte o Premio Nacional da Crítica. Da súa obra narrativa destaca especialmente Erros e tánatos (1996), conxunto de relatos que toman como motivo as equivocacións e a morte.
En 2008 publica en Galaxia a tradución de As flores do mal, de Baudelaire.