11,30€

mercar

Latitude Austral

Xavier Alcalá

Unha novela feita co tecido de varias historias que nos contan distintos episodios desa epopeia sen fin en que consistiu a conquista de América.

Desde o subtrópico ás illas veciñas da Antártida, e durante as décadas da chamada conquista interior dun dos grandes países iberoamericanos, un conxunto de crioulos descendentes de galegos e mais de galegos forzados á aventura viven, sofren, aman e odian. Unha novela estruturada en seis relatos encadeados que rematan no mesmo instante.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 168
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 1992-09-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-808-5
  • Edición : 2

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

A retranca. Un intento de clarificaciónFélix Caballero Wangüemert
Dos meus recordosManuel García Barros
EnredosManuel García Barros

Autor/a

Alcalá, Xavier
(Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de Telecomunicacións e doutor en Informática. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciouse na Literatura con poemas para cantar, musicados por Andrés do Barro, e como cronista en El Ideal Gallego. O seu primeiro libro de narrativa foi Voltar, seis personaxes e un fado (1972), ao que seguiron novelas coma A nosa cinza (1980), Fábula (1980, premios Cidade da Coruña e da Crítica Española), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Tertúlia (1985), Fumes de Papel (1988), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén da desventura (1998, Premio Blanco Amor). No eido da novela destaca a súa triloxía "Evanxélica memoria", sobre as comunidades de protestantes en Galicia, constituída por Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005, Premio da Crítica Galega) e Unha falsa luz (2007). En 2012 publica Verde Oliva e en 2018, The making of. Xúntanse a estas novelas os libros de viaxes: Arxentina (1990), Viaxes no País  de Elal (1992) e La Habana Flash (1998). Completan a súa obra numerosos narracións curtas, recoñecidas con diversos premios (entre eles, o Manuel Murguía) e parte delas recollidas en Contos do Impaís (1992) e Contos das Américas (1992).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR