Estás aquí:

Código: 510

Hotel para coleccionistas discretos

14,70  IVE INCLUIDO
Nas altas esferas de poder da patria só hai psicópatas.
Neuróticos antolladizos que manifestan a súa absoluta carencia de empatía coa sociedade a través do coleccionismo de caprichos. A soidade empurra á empresaria Amalia Valverde a integrarse neste grupo de coleccionistas discretos e poderosos, mais a súa morte pon en marcha un novo reto a través da súa filla, Lara, e o seu amigo Andrés Caibo: reunilos no hotel Continente cun fin esperanzador. Hotel para coleccionistas discretos é unha novela coral apegada á actualidade que deixa no aire máis preguntas que respostas nas súas múltiples lecturas. ¿Ata onde son quen de chegar por manter o seu status de poder os coleccionistas discretos? ¿Pode unha patria fráxil soportar os seus antollos? Cun estilo moi persoal, onde resaltan a pulcritude expresiva e o dominio da palabra, Diego Giráldez pescuda na relación entre a literatura ficcional e a actualidade máis crúa, retorcendo a realidade con doses de humor e atmosferas delirantes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 116
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 386
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-312-4
Observacións:

AUTORES/AS

Giráldez, Diego
Diego-Giraldez

(O Porriño, 1976). Exerceu o xornalismo en distintos medios escritos e dixitais. Ademais de coordinar varias cabeceiras, colaborou como columnista de opinión nos xornais A Nosa Terra e Xornal de Galicia e, a través de reportaxes culturais, con El País. Na actualidade, faino co diario dixital Praza Pública e a revista Luzes. Fundou e dirixiu as revistas Malladoura e CanZine e escribiu libros relacionados coa arquitectura e a historia económica de Galicia.

En 2016 publicou o libro de relatos curtos Galería de saldos, o seu primeiro traballo de narrativa, polo que foi elixido «Autor galego do ano» pola revista Fervenzas Literarias. En 2019 publicou en Editorial Galaxia a novela Hotel para coleccionistas discretos e participou nas obras colectivas O libro dos trens e A secreta melancolía da garza (Galaxia, 2019).

Entre os galardóns que recibiu destacan o Premio Literario José Saramago de relato curto (2010), o primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo (2015) e o Premio Literario Manuel Murguía (2016). En 2020 quedou finalista do XVII Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego.

As súas obras

Hotel para coleccionistas discretos
hotel-para-coleccionistas-discretos
14.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE