Escoller onde buscar

Estás aquí:

Código: 431

Hotel Cidade Sur

16,45  IVE INCLUIDO
Entre novos edificos e leiras semiabandonadas, nas marxes esquecidas dun mundo urbano que comeza a amosar os dentes da explotación, sitúanse as oitos historias que compoñen este libro.
Xerardo Quintiá, narrador e poeta da xeración que comeza a publicar na década de 1990, conta en Hotel Cidade Sur oito "vidas cruzadas". Coa atención posta no fracaso e a inxustiza, coma se a literatura fose a derradeira oportunidade para que estes personaxes non se ensuman de vez na néboa, estes relatos deixan ver as consecuencias da explotación.

As oito historias que compoñen Hotel Cidade Sur analizan a realidade de oito personaxes que aboian nun espazo situado entre o rural e o urbano, nos arrabaldes dunha capital de provincia. Historias da mocidade desnortada, do proletariado simbiótico que perde o seu sitio na aldea e tampouco non o encontra na cidade.

Personaxes anónimos cunhas vidas baixo mínimos que tratan de comprenderse, de botar luz sobre si mesmos e sobre as circunstancias que os contemplan: un adolescente acabado de chegar á cidade, un músico que acode ao enterro dun dos compoñentes da banda na que tocou cando era novo; un home chamado Romeu que atropela a unha muller chamada Xulieta, un mozo que soña con ser poeta, as derradeiras horas na vida do escritor Raymond Carver… oito "vidas cruzadas", oito historias contadas cunha linguaxe concisa e directa que, ganduxando os fíos da sinxeleza e a transparencia, crean un tecido de sutil e contida emotividade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Paxinas: 168
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 14/02/2012
Dimensións 135 x 210 mm. mm.
Colección: Literaria
Nº na Colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-413-4
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Quintiá , Xerardo
xerardo

Xerardo Quintiá (Friol, 1970) publicou os seus primeiros textos literarios na sección cultural "Táboa Redonda" de El Progreso (1988) e colaborou despois en revistas como Dorna ou Xistral. O seu primeiro libro, Finísimo po nas ás é de 1997. Dous anos despois, ve a luz Unha soa man e outros intres e, nos 2001 e 2002, Un rabaño de ovellas brancas e O libro dos aparecidos. No eido da literatura infantil, é autor de A verdadeira historia do burro Feldespato (2002) e de Ke-Tumba Ke-Tamba, finalista do Premio Raíña Lupa. Para primeiros lectores escribiu Titiritesa (2007). Como poeta, publicou Ailalalalelo de auga (2001); Poesía en ruta (Premio Fermín Bouza Brey 2007) e FORNELOS & FORNELOS, primeira fundación (Premio Fiz Vergara Vilariño 2011).

As súas obras

Unha soa man e outros intres
foto
decatalogado
O viaxeiro radical
O viaxeiro radical
18.50€ CON IVE
Un rabaño de ovellas brancas
rabaño ovellas
15.50€ CON IVE
A verdadeira historia do burro Feldespato
historia feldespato

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.45€ CON IVE
900
900
21.20€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
23.50€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
13.95€ CON IVE
A boneca de Blanco Amor
A boneca de Blanco Amor
16.45€ CON IVE
A candidata
A candidata
15.50€ CON IVE