Xerardo Quintiá volve á narrativa de adultos despois de publicar varias obras seguidas na nosa editorial para os chanzos dos lectores máis novos, entre o que salienta o exitoso e ben coñecido polos escolares galegos, Ke-tumba Ke-Tamba.

En Hotel Cidade Sur, Quintiá ofrécenos oito historias situadas entre novos edificos e leiras semiabandonadas, nas marxes esquecidas dun mundo urbano que comeza a amosar os dentes da explotación. Historias da mocidade desnortada, do proletariado simbiótico que perde o seu sitio na aldea e tampouco non o encontra na cidade.

Un retorno esperado. Unha obra para reencontrarnos cun narrador xenuíno.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR