PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2023
Comeza 1995, o ano da guerra do fletán entre Canadá e os pesqueiros galegos que traballan preto de Terra Nova. Un mariñeiro case moribundPrevisualizar os cambios (abrir nunha nova pestana)o é atopado nunha balsa salvavidas e levado ata as illas dos Azores, onde esperta sen memoria e, mentres reconstrúe a súa identidade, nun dilema entre a lealdade matrimonial e o amor pola enfermeira que o coidou, vese envolto nunha aventura chea de humor e intriga.
Os Azores, as súas paisaxes paradisíacas e o submundo volcánico e violento das súas bases son os protagonistas dunha novela que combina o estilo dos libros de viaxes coa literatura romántica, policial e de aventuras. Unha obra “plena e orixinal onde se corcose un mosaico literario de perfecto encaixe”.
Fran Fernández Davila (Vigo, 1974) é o fillo de Humberto, mecánico engraxador nun barco de pesca de altura, e Benilde, ama de casa, labrega e obreira nunha fábrica de conservas. Grazas ao duro esforzo dos seus pais e irmáns estudou enxeñaría, profesión que vén exercendo dende o ano 2000, deseñando e construíndo máquinas e instalacións que conxelen e conserven cousas. Gústalle viaxar, o café con natas, e bota de menos xogar ao fútbol cos amigos.
Tocou o bombardino na banda de San Miguel de Oia durante dez anos e comezou a escribir en 2016 como terapia antiestrés. Dende entón, e ata este ano, gañou máis dunha trintena de premios, a metade de p oesía e a metade de
narrativa, o que o levou a múltiples publicacións colectivas e sete libros individuais, catro novelas, A senda de sal (Editorial Galaxia, 2017), Alana (2018), O bosque do duque. ‘sHertogenbosch (Editorial Galaxia, 2022), Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas (2023) e os seus dous poemarios en solitario: Mover os marcos (2019) e ko post -la (2023). Groenlandia é a súa quinta novela.