(Vigo, 1974) é Enxeñeiro de Minas e MBA en Responsabilidade Social Corporativa, con máis de vinte anos de experiencia no mundo do frío industrial, o que lle permitiu viaxar acotío por varios países de Europa e Oriente Medio.
Dende que comezou a escribir en 2016, gañou máis de vinte premios literarios, entre os que destacan o XVII Certame de Novela por Entregas de La Voz de Galicia con A senda de sal (2017, publicada en Editorial Galaxia), o XVII Antón Avilés de Taramancos de Relatos de Aventuras con Alana (2018), o XII Premio de Poesía Victoriano Taibo con Mover os marcos (2019) e o XXXIII Certame
de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro de Cornellà, por O matrimonio é unha nasa (2020).