Estás aquí:

Código: 18705

Galicia, 1981-2021. Autonomía, sociedade e cultura

25,00  IVE INCLUIDO

Conversas con Xosé Luís Barreiro e Ramón Villares

Entre 1981-2021 prodúcense en Galicia, e no resto do mundo, transformacións estruturais como o remate da Transición política, a chegada da Autonomía a Galicia, a consolidación do transvase rural-urbano, o acceso ao poder da socialdemocracia en España, a entrada do neoliberalismo no mundo occidental, o pulo do feminismo, a decadencia da Igrexa católica e a caída demográfica.

Nesta entrevista, en diálogo con Xosé Luís Barreiro e Ramón Villares, afróntanse os cambios entre dous séculos, produce información, debate, crítica política e social, controversia, memoria e historia máis alá de tópicos e simplificacións dun proceso social, económico, político e científico que precisaba axenda e voces cualificadas para afrontar con solvencia e pertinencia corenta anos vividos e estudados a un tempo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 370
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 01/09/2023
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Ensaio
Nº na colección: 121
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-143-7
Observacións:

AUTORES/AS

Pérez Rúa, Manuel
manuel

(Moaña, 1956) é licenciado en Socioloxía pola UNED e doutor en Historia Contemporánea pola USC. Foi profesor na Universidade de Vigo (1999-2009), asesor en urbanismo no Concello de Vigo (2000-2003) e coordinador cultural do Concello de Moaña (1987-2021), e desenvolveu o seu labor profesional e investigador nas áreas da sociocultura, cambio social e urbanismo.

Publicou, Moaña (1991); Galicia SL (Xerais, 1995), en coautoría, e Domingos de calcetíns brancos (Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2009, Galaxia, 2011).

As súas obras

Domingos de calcetíns brancos. Retrato do cambio social na xeración de 1950
domingos
23.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Ensaio

A arte do imposible
arte
25.40€ CON IVE
A condición homosexual
foto
23.55€ CON IVE
A cuestion ambiental en Galicia
ac uestion ambintal
28.60€ CON IVE
A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile
etapa portuguesa colon
21.40€ CON IVE
A Galicia clásica e barroca
foto
24.90€ CON IVE
A imaxe de Galicia e os galegos na literatura castelá
9788471548832
esgotado
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
A investigación educativa en Galicia 2002-2014
30.95€ CON IVE
A literatura galega contada aos escépticos
9788411762007
15.20€ CON IVE