Xosé G. Feixó Cid naceu en Baiona en 1957. Exerceu como profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario e despois traballou como profesor de linguas oficiais na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Filólogo especializado en lexicografía, ten publicados numerosos traballos na materia, entre os que destacan diversos dicionarios, así como varias publicacións sobre lingua, en especial dedicadas á ortografía, ao estilo e á práctica gramatical. É tamén colaborador na crítica xornalística, especialmente no Faro de Vigo.
Entre as súas publicacións destacan as seguintes: As normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega: actualización, complementos e desviacións, Dicionario Galego dos Nomes (2003), Gramática da lingua galega (2004) e Dicionario Ortográfico da Lingua Galega (2006).
(Betanzos, 1956) é narrador, ensaísta e historiador da literatura. Asemade é colaborador habitual en prensa e asesor literario do suplemento Faro da cultura.
No espazo da ficción é autor de novelas e volumes de relatos: O reverso do espello (1984), Para despois do adeus (Premio Xerais, 1987), Paixóns privadas (1991), A era de Acuario (1997), Fado de princesa (2005), A batalla do paraíso triste (2008), Como en Alxeria (2012) e Todas as vidas (2020). Polo que se refire ao ensaio e á historia da literatura, publicou, entre outros títulos, Manuel Antonio e a vangarda (1996), Historia da literatura medieval galego-portuguesa (2002), Martín Codax e os xograres do Mar de Vigo (2017) e os catro volumes que conforman a Historia da literatura galega (2013-2019).
Autoría foto autor: © Eli Regueira.