ESGOTADO
Dicionario enciclopédico da lingua galega e cultura universal ilustrado.3 volumes.
A Diciopedia do Século 21 é un ambicioso proxecto común de tres editoriais galegas de recoñecido prestixio: Edicións do Cumio, Ediciós do Castro e Editorial Galaxia.
Resultado de varios anos de traballo conxunto, que inclúe nun único soporte dúas utilidades: un Dicionario Xeral da Lingua Galega, acaso a máis ampla e contrastada oferta lexicográfica existente nestes momentos, e unha Enciclopedia Galega e Universal, ilustrada e coidadosamente documentada con gráficos, mapas, fotografías e cadros para un complementario acceso á información, tanto de carácter histórico como de actualidade. Considerámola unha obra fundamental no espazo familiar e no mundo das aulas, nas bibliotecas e no uso particular.