Estás aquí:

Código: 1288

Grial 185

12,00  IVE INCLUIDO
Catro camiños de peregrinación
Identidades e camiños. Afirmación dos grupos humanos e descubertas (emocionais e intelectuais). Dende as orixes das culturas e das civilizacións, o rito da peregrinaxe constitúe unha das manifestacións máis activas da identidade dos colectivos humanos, as máis das veces por razóns de carácter relixioso (ou mítico), mais tamén por razóns de carácter cultural e político.

GRIAL aborda os camiños da peregrinación dende esta perspectiva social, cultural, aberta. Catro experiencias que se complementan e, en certa maneira, actúan coma espellos de realidades distintas e unha mesma condición humana:
1. as peregrinacións a Compostela, que comezan no século IX e que no derradeiro tercio do século XX veñen de recibir un forte pulo, non tanto de tipo relixioso como de tipo persoal, intelectual, cultural e político (a simboloxía europeista);
2. o Islam, que ten na cidade da Meca a gran referencia política e relixiosa da cultura musulmana;
3. os huichois de Centro América (México), cultura precolombina que se reafirma nas viaxes identitarias das rutas do pellote, e
4. o Xapón, onde o camiño Kumano, cuxas orixes se remontan ao século IX, igual que o camiño xacobeo, veñen de ser recoñecidas como patrimonio da Humanidad (igual que o xacobeo tamén).

Neste Ano Santo ou Xacobeo 2010, a revista GRIAL aborda un fenómeno universal dende a mirada da socioloxía e a cultura, da man de filósofos, historiadores, politicólogos e viaxeiros.

Complementariamente, o número 185 da nosa revista inclúe un conto inédito de Xosé Luis Méndez Ferrín, recentemente nomeado presidente da Real Academia Galega: "o conto que nunca se publicou, en 1958, cando o autor edita Percibal e outras historias (Galaxia), rescatado agora dos arquivos de Francisco Fernández del Riego pola documentalista e historiadora María Dolores Villanueva.

Henrique Monteagudo conversa co sociolingüista brasileiro Carlos Alberto Faraco e a doutora Isabel Pires de Lima, que entre 2005 e 2008 foi ministra de Cultura do goberno da república de Portugal, publica un ensaio sobre "A lingua e a literatura portuguesas no quadro da neolatinidade: esplendor, fraquezas e forças". Son novas aproximacións ás culturas irmás (brasileira e portuguesa) que GRIAL reafirma nos seus últimos tempos e que están na tradición da nosa revista e na tradición dos estudos galego-portugueses-brasileiros.

Xunto coas habituais seccións de Creación e Espello das Letras, incluimos, asemade, un interesante ensaio de Alba Cid sobre a tensión social da lingua galega e a súa presenza nas novas tecnoloxías da comunicación (redes sociais en Internet). As novas tecnoloxías incorporan novas dimensións ao debate da lingua.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 148
Deseño: Rústica
Data Publicación:
Dimensións 185 x 270 mm. mm.
Colección: Grial
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN:
Observacións:

AUTORES/AS

VV.AA.

As súas obras

Grial 187
grial187
12.00€ CON IVE