Estás aquí:

Código: 18377

En tempo de desconto

21,50  IVE INCLUIDO
Xosé Ramón Pena é esa clase de autor que pertence á mellor tradición de contistas do noso país.
Este libro de relatos é a confirmación diso, e de que estamos diante dun dos mellores narradores das letras galegas. Un mollo de historias que poderían ser en si mesmas partes dunha novela que as transita e atravesa e onde os personaxes, atrapados na vida, atropelados por ela, gobernan como mellor poden o seu destino. Coma as vías dun tren que nos leva, pero que non se sabe cara a onde, os que viven nestas historias veranse guiados por horizontes sorprendentes e inesperados que lles farán aceptar derrotas, gañar batallas e, en definitiva, vivir. Xosé Ramón Pena fainos viaxar, ademais, por un pasado posible, non por ficcionado menos verdadeiro. Un libro perfecto nos seus tempos, no soño ao que nos convida e polo xogo que, palabra a palabra, maxia da linguaxe, nos propón e nos reta. Un libro magnífico.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 236
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 444
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-831-0
Observacións:

AUTORES/AS

Pena, Xosé Ramón
Xose-Ramon-Pena-196x220

(Betanzos, 1956) é narrador, ensaísta e historiador da literatura. Asemade é colaborador habitual en prensa e asesor literario do suplemento Faro da cultura.

No espazo da ficción é autor de novelas e volumes de relatos: O reverso do espello (1984), Para despois do adeus (Premio Xerais, 1987), Paixóns privadas (1991), A era de Acuario (1997), Fado de princesa (2005), A batalla do paraíso triste (2008), Como en Alxeria (2012) e Todas as vidas (2020). Polo que se refire ao ensaio e á historia da literatura, publicou, entre outros títulos, Manuel Antonio e a vangarda (1996), Historia da literatura medieval galego-portuguesa (2002), Martín Codax e os xograres do Mar de Vigo (2017) e os catro volumes que conforman a Historia da literatura galega (2013-2019).

Autoría foto autor: © Eli Regueira.

As súas obras

En tempo de desconto
9788491518310
21.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE