Xosé G. Feixó Cid naceu en Baiona en 1957. Exerceu como profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario e despois traballou como profesor de linguas oficiais na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Filólogo especializado en lexicografía, ten publicados numerosos traballos na materia, entre os que destacan diversos dicionarios, así como varias publicacións sobre lingua, en especial dedicadas á ortografía, ao estilo e á práctica gramatical. É tamén colaborador na crítica xornalística, especialmente no Faro de Vigo.
Entre as súas publicacións destacan as seguintes: As normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega: actualización, complementos e desviacións, Dicionario Galego dos Nomes (2003), Gramática da lingua galega (2004) e Dicionario Ortográfico da Lingua Galega (2006).