Estás aquí:

Código: 19100

Gaiolas

15,60  IVE INCLUIDO

CHÁMOME MARÍA ... 

CHÁMOME EVA ...

CHÁMOME ROSALÍA ...

CHÁMOME HELENA ...

Catro testemuños de catro mulleres de distintas idades, de distinta condición social e profesional. Catro voces que falan de vidas que unha vez se viron engaioladas. Catro voces que falan tamén da importancia de recoñecer o encerro das gaiolas para abrirlles as portas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 66
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 25/02/2025
Dimensións 170 x 240 mm.
Colección: Xohán Ledo
Nº na colección: 4
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-383-7
Observacións:

AUTORES/AS

Xosé Tomás
Xosé-Tomás-420x220

Xosé Tomás ten desenvolvido a súa actividade maioritariamente no eido da ilustración e do humor gráfico. O seu debú monográfico en BD chegou coa obra Tolos, para a Universidade da Coruña. Colaborou no suplemento Xatentendo.com de La Voz de Galicia e traballa como debuxante nas edicións da Coruña e de Carballo deste xornal. Tamén fixo ilustracións e cómics para a revista Plis-Plas (Radio Galega / Xunta de Galicia). Participou habitualmente na primeira etapa de Golfiño, realizando pasatempos e a serie “Luzbell”. Conduciu diferentes obradoiros sobre BD e expuxo obra en mostras do Museo do Humor de Fene.

Para a nosa editorial ten ilustrado libros como Flis-fli-ris-flás de Araceli Gonda ou Vou ter un irmán! de María Solar.

As súas obras

Luzbell. O demo bombilla
9788491514190
19.60€ CON IVE
Vázquez Freire, Miguel
vazquez freire

Miguel Vázquez Freire naceu na Coruña no ano 1951.

É Licenciado en Filosofía e Profesor de Bacharelato no IES Eduardo Pondal de Santiago. Tamén é director da revista Golfiño. Codirixe a colección Merlín de Edicións Xerais. Foi coautor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais, desde 1990 ao ano 2003.

É tamén narrador con non pouca obra publicada: Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos (1993), Proxecto pomba dourada (1987), A malvada María Xosé (1989); e Anxos en tempos de chuvia (1997). Para os máis pequenos escribiu: As aventuras do Gato Bógar (1989), A cor do elefante (1994), A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos (1994), en colaboración con Gloria Sánchez e A primeira máquina de fotos (1998).

Entre as súas obras divulgativas están: Nietzsche (1990), Iniciación á Estética (1993), Política e Sociedade (1993), Mandar, obedecer, rebelarse (1996), Estética e teatro, manual didáctico de teatro publicado na colección Biblioteca de Teatro de Editorial Galaxia (2005).

As súas obras

Estética e teatro
estetica
14.35€ CON IVE

COLECCIÓN

Xohán Ledo

A nena que perdeu un zapato na lama
A nena que perdeu un zapato na lama
16.00€ CON IVE
Gaiolas
9788411763837
15.60€ CON IVE
Nas horas do seu reloxo. Unha viaxe de Antonio Palacios
9788411763615
23.10€ CON IVE
O pequeno libro da intrépida Éire
9788411763547
20.75€ CON IVE
TRAS DA MIRADA DE JOSÉ SUÁREZ
Cuberta Tras da mirada de Jose Suarez
19.00€ CON IVE