12,36€

mercar

Estética e teatro

Miguel Vázquez Freire

Os distintos estilos escénicos a través dos estudos de estética e teatro.

Ainteracción entre estética e teatro deu lugar, ao longo da historia, a un amplo abano de reflexións e realizacións prácticas. Delas derivan os estilos escénicos que trazan diferentes camiños para configurar os mundos dramáticos.

Desde Aristóteles ás últimas vangardas do século XX, esta relación foi sumamente fructífera, como mostra Miguel Vázquez Freire nun estudo no que se espoñen os principios básicos da estética teatral.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 148
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 14 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2006-01-25
  • Colección : Biblioteca de teatro. Breviarios
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-881-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

A retranca. Un intento de clarificaciónFélix Caballero Wangüemert
Dos meus recordosManuel García Barros
EnredosManuel García Barros

Vázquez Freire, Miguel
Miguel Vázquez Freire naceu na Coruña no ano 1951.

É Licenciado en Filosofía e Profesor de Bacharelato no IES Eduardo Pondal de Santiago. Tamén é director da revista Golfiño. Codirixe a colección Merlín de Edicións Xerais. Foi coautor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais, desde 1990 ao ano 2003.

É tamén narrador con non pouca obra publicada: Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos (1993), Proxecto pomba dourada (1987), A malvada María Xosé (1989); e Anxos en tempos de chuvia (1997). Para os máis pequenos escribiu: As aventuras do Gato Bógar (1989), A cor do elefante (1994), A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos (1994), en colaboración con Gloria Sánchez e A primeira máquina de fotos (1998).

Entre as súas obras divulgativas están: Nietzsche (1990), Iniciación á Estética (1993), Política e Sociedade (1993), Mandar, obedecer, rebelarse (1996), Estética e teatro, manual didáctico de teatro publicado na colección Biblioteca de Teatro de Editorial Galaxia (2005).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR