Miguel Vázquez Freire naceu na Coruña no ano 1951.
É Licenciado en Filosofía e Profesor de Bacharelato no IES Eduardo Pondal de Santiago. Tamén é director da revista Golfiño. Codirixe a colección Merlín de Edicións Xerais. Foi coautor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais, desde 1990 ao ano 2003.
É tamén narrador con non pouca obra publicada: Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos (1993), Proxecto pomba dourada (1987), A malvada María Xosé (1989); e Anxos en tempos de chuvia (1997). Para os máis pequenos escribiu: As aventuras do Gato Bógar (1989), A cor do elefante (1994), A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos (1994), en colaboración con Gloria Sánchez e A primeira máquina de fotos (1998).
Entre as súas obras divulgativas están: Nietzsche (1990), Iniciación á Estética (1993), Política e Sociedade (1993), Mandar, obedecer, rebelarse (1996), Estética e teatro, manual didáctico de teatro publicado na colección Biblioteca de Teatro de Editorial Galaxia (2005).