Estás aquí:

Código: 1505

Análise e interpretación de textos dramáticos. Unha introdución.

15,55  IVE INCLUIDO
O texto dramático frente a outros discursos.
Proponse nestas páxinas unha presentación e análise daquelas características que definen o texto dramático fronte a outros discursos literarios, para despois ofrecer diversas liñas de aproximación ao seu estudo e interpretación.

Está especialmente pensado este volume para os estudantes de literatura, constitúe unha introdución aos estudos literarios centrados na creación dramática e contén claves para afondar nos seus diversos aspectos.

Detalles do libro

Paxinas: 220
Deseño: Rústica
Data Publicación: 06/07/2005
Dimensións 141 x 21 cm. mm.
Colección: Biblioteca de teatro. Breviarios
Nº na Colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-794-4
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

Recesións relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Vieites , Manuel F.
vieites

Manuel Vieites naceu en Lorbé (A Coruña) en 1956.

Licenciado en Filoloxía Xermánica e Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi, desde 1980 ata o 2005, profesor de Ensino Medio, desenrolando as súas funcións docentes no Instituto Politécnico de Vigo, do que foi director desde xullo de 2002. No ano 2005 asumiu a dirección da Escola Superior de Arte Dramático de Vigo.

Entre 1980 e 1992 desenrolou unha intensa actividade como animador teatral, actor e director en diversos proxectos entre os que hai que salientar o Taller de Teatro da Universidade Popular de Corcubión (A Coruña), a posta en marcha da Aula de Teatro da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB de Pontevedra (1986-1989), a participación na creación dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka, cos que dirixe e actúa en máis de seis espectáculos entre 1988 e 1992, o Teatro de Ningures, compañía coa que dirixe dous espectáculos en 1985 e 1986. Ao mesmo tempo, e de forma continuada, imparte cursos de Pedagoxía teatral, Expresión dramática e Expresión teatral para diversos colectivos, entidades e institucións. Toda esta experiencia é o que lle leva no 2005 a asumir a dirección da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.

É membro fundador da Asociación Nacional de Investigadores de Literatura Infantil e Xuvenil, socio da Sociedade Española de Historia da Educación e do Movemento de Renovación Pedagóxica "Nova Escola Galega". Desde 1996 pertence, como teatrólogo, á Asociación de Directores de Escena de España.

Forma parte dos Consellos de Redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro , editada pola Asociación de Directores de Escena de España. Foi director de Ensaio, revista de teatro de Galicia e do Norte de Portugal, dirixe o Anuario Galego de Estudos Teatrais , editado polo Consello da Cultura Galega. Exerceu a crítica teatral e literaria en diversos medios e é colaborador habitual do Faro de Vigo .

O seus intereses no ámbito da investigación teatral céntranse nos campos das políticas culturais, a Pedagoxía teatral ou a Teoría e a historia do teatro.

A partir do ano 2004 participa na edición da Biblioteca de Teatro que Editorial Galaxia pon en marcha, unha colección dirixida aos profesionales e estudosos do teatro ou o público xeral con este tipo de inquedanzas.

Dentro desta colección é autor de: Os estudos superiores de arte dramática, Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz, O teatro, Análise e interpretación de textos dramáticos. Unha introdución e Introdución á dirección de escena

As súas obras

Os estudos superiores de arte dramática
estudos superiores
14.20€ CON IVE
O teatro
o teatro
15.55€ CON IVE
Análise e interpretación de textos dramáticos. Unha introdución.
analisis do teatro
15.55€ CON IVE
Manuel Lugrís Freire. Do texto ao escenario
lugris teatro
32.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca de teatro. Breviarios

A dirección de actores
direccion
13.10€ CON IVE
Análise e interpretación de textos dramáticos. Unha introdución.
analisis do teatro
15.55€ CON IVE
Estética e teatro
estetica
13.10€ CON IVE
Introdución á dirección de escena
direccion escena
14.20€ CON IVE
Manual básico de iluminación escénica
manual
13.10€ CON IVE
O teatro
o teatro
15.55€ CON IVE
Os estudos superiores de arte dramática
estudos superiores
14.20€ CON IVE
Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz
tecnicas expresion
10.20€ CON IVE