Pichel Lorenzo, A.

Pichel Lorenzo, A.

(Carballo, 1951). Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica. Exerceu a docencia no ensino secundario e foi catedrático de francés na Coruña até a súa xubilación.

Formou parte do xurado examinador do Diplôme d´études de langue française, a cargo do Centre Français da Coruña, dependente da Universidade da Sorbona. Así mesmo, traballou uns anos como profesor no estranxeiro, en centros educativos como o Lycée Colbert de Thionville (1989), o Lycée Rousseau de Laval (1993), o Collège Maturin Règnier de Chartres (1995), o IUFM da Universidade de Chartres ou o Lycée Les Bourdonnières de Nantes (1998).

No campo da tradución de empresa, colaborou con Axencias de Tradución de diferentes países, con traducións de tipo xurídico, económico, comercial e técnico. Entre as obras literarias que traduciu do francés ao galego figuran o Diario íntimo de George Sand, Vermello e negro de Stendhal, Madame Bovary de Gustave Flaubert e 11 álbums da serie de banda deseñada Astérix, como Astérix o galoAstérix gladiador ou Astérix en Hispania. Tamén se ocupou de traducir ao galego El Regionalismo de Alfredo Brañas Menéndez, previa adaptación do castelán do século XIX.

Ten varias publicacións sobre Historia, Literatura e Lingua francesa. Colaborador coas revistas A Mariña e Esculca.

As súas obras

Vocabulario temático ilustrado
vocabulario
esgotado