Estás aquí:

Código: 1504

O teatro

16,10  IVE INCLUIDO
O teatro como manifestación artística e cultural
Un volume que presernta e analiza os trazos que caracterizan o teatro como manifestación artística e cultural, prestando especial atención ao espectáculo teatral e aos diferentes medios de estudo do feiro escénico. Tamén ofrece unha perspectiva xeral sobre os procesos de expresión, comunicación e recepción teatral, salientando as actividades máis importantes nos mesmos. Estamos ante un traballo que supón unha intrudución integral ao teatro, considerado como unha das artes escénicas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 224
Deseño: Rústica
Data Publicación: 23/02/2005
Dimensións 13,5 x 21 cm. mm.
Colección: Biblioteca de teatro. Breviarios
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-779-1
Observacións:

AUTORES/AS

Vieites, Manuel F.
vieites

Manuel Vieites naceu en Lorbé (A Coruña) en 1956.

Licenciado en Filoloxía Xermánica e Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi, desde 1980 ata o 2005, profesor de Ensino Medio, desenrolando as súas funcións docentes no Instituto Politécnico de Vigo, do que foi director desde xullo de 2002. No ano 2005 asumiu a dirección da Escola Superior de Arte Dramático de Vigo.

Entre 1980 e 1992 desenrolou unha intensa actividade como animador teatral, actor e director en diversos proxectos entre os que hai que salientar o Taller de Teatro da Universidade Popular de Corcubión (A Coruña), a posta en marcha da Aula de Teatro da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB de Pontevedra (1986-1989), a participación na creación dos grupos de teatro infantil Katakrok e Kalandraka, cos que dirixe e actúa en máis de seis espectáculos entre 1988 e 1992, o Teatro de Ningures, compañía coa que dirixe dous espectáculos en 1985 e 1986. Ao mesmo tempo, e de forma continuada, imparte cursos de Pedagoxía teatral, Expresión dramática e Expresión teatral para diversos colectivos, entidades e institucións. Toda esta experiencia é o que lle leva no 2005 a asumir a dirección da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.

É membro fundador da Asociación Nacional de Investigadores de Literatura Infantil e Xuvenil, socio da Sociedade Española de Historia da Educación e do Movemento de Renovación Pedagóxica "Nova Escola Galega". Desde 1996 pertence, como teatrólogo, á Asociación de Directores de Escena de España.

Forma parte dos Consellos de Redacción da Revista Galega de Teatro e da revista ADE-Teatro , editada pola Asociación de Directores de Escena de España. Foi director de Ensaio, revista de teatro de Galicia e do Norte de Portugal, dirixe o Anuario Galego de Estudos Teatrais , editado polo Consello da Cultura Galega. Exerceu a crítica teatral e literaria en diversos medios e é colaborador habitual do Faro de Vigo .

O seus intereses no ámbito da investigación teatral céntranse nos campos das políticas culturais, a Pedagoxía teatral ou a Teoría e a historia do teatro.

A partir do ano 2004 participa na edición da Biblioteca de Teatro que Editorial Galaxia pon en marcha, unha colección dirixida aos profesionales e estudosos do teatro ou o público xeral con este tipo de inquedanzas.

Dentro desta colección é autor de: Os estudos superiores de arte dramática, Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz, O teatro, Análise e interpretación de textos dramáticos. Unha introdución e Introdución á dirección de escena

As súas obras

Os estudos superiores de arte dramática
estudos superiores
14.70€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca de teatro. Breviarios

A dirección de actores
direccion
13.60€ CON IVE
Análise e interpretación de textos dramáticos. Unha introdución.
analisis do teatro
16.10€ CON IVE
Estética e teatro
estetica
13.60€ CON IVE
Introdución á dirección de escena
direccion escena
14.70€ CON IVE
Manual básico de iluminación escénica
manual
13.60€ CON IVE
O teatro
o teatro
16.10€ CON IVE
Os estudos superiores de arte dramática
estudos superiores
14.70€ CON IVE
Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz
tecnicas expresion
10.60€ CON IVE