Velaquí, con ese espírito, o retrato de quen queimou a vida na construción dunha Galicia dona de seu.
Malores Villanueva achéganos nesta biografía, froito de horas de conversas, a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2023, sesenta anos despois de que el mesmo propuxese á RAG o 17 de maio como data para esta festividade da cultura galega.
Nacionalista de corazón e de razón, mantivo unha traxxectoria firme, sen traizoar nunca os seus ideais. Membro do Partido Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos, activista universitario, fundador de Editorial Galaxia, codirector da revista Grial, director da Fundación Penzol, presidente da Real Academia Galega, tradutor, editor e articulista incansable, son algunhas das innumerables facetas de quen se definía como “un optimista radical”.
(A Xesteira, Cotobade, 1982) é profesora, editora, crítica literaria e doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese A Editorial Galaxia: proxecto e traxectoria 1950-1963. Como investigadora está especializada en sociolingüística e en historia da lingua, fundamentalmente no período da ditadura franquista. É autora dos libros Lingua en Socidade, a aldea da Xesteira (2006) e A lingua galega entre 1963 e 1975. Situación social e discursos dende o galeguismo (2010), gañadores do Premio Antón Fraguas de investigación e do Premio novos investigadores: Humanidades e ciencias sociais, respectivamente. Ten publicados artigos en volumes colectivos e en revistas especializadas como Grial, A Trabe de Ouro, Estudos de lingüística Galega, Madrygal ou o Boletín da Real Academia Galega.