Profesor, Etnógrafo, Xeógrafo, Historiador e Galeguista.
Antonio Fraguas foi un notario de realidade, un coñecedor do seu pobo e un investigador incansable da cultura de Galicia. O seu paso polo Seminario de Estudos Galegos, polas Irmandades da Fala o polo Partido Galeguista asentaron nel o ideario político, mais, sen dúbida, foron as súas reíces profundas de estirpe labrega as que máis o marcaron. Malores Villanueva achéganos nesta biografía a vida e a obra de antonio Fraguas cun estilo áxil, nun relato ateigado de anécdotas que non renuncia ao rigor documental. A súa lectura é unha viaxe polo século XX da man do persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2019. O seu labor investigador, a súa entrega á docencia, as súas facetas de primeiro locutor de radio ou de director do Museo do Pobo Galego, incluso a súa incursión cinematográfica, son algunhas páxinas. Velaquí o retrato de que coa súa palabra e a súa obra traballou "sempre por e para Galicia".

(A Xesteira, Cotobade, 1982) é profesora, editora, crítica literaria e doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese A Editorial Galaxia: proxecto e traxectoria 1950-1963. Como investigadora está especializada en sociolingüística e en historia da lingua, fundamentalmente no período da ditadura franquista. É autora dos libros Lingua en Socidade, a aldea da Xesteira (2006) e A lingua galega entre 1963 e 1975. Situación social e discursos dende o galeguismo (2010), gañadores do Premio Antón Fraguas de investigación e do Premio novos investigadores: Humanidades e ciencias sociais, respectivamente. Ten publicados artigos en volumes colectivos e en revistas especializadas como Grial, A Trabe de Ouro, Estudos de lingüística Galega, Madrygal ou o Boletín da Real Academia Galega.