(Vigo, 1980), traballou como xornalista deportivo en Televigo e colaborou en varias publicacións escritas, como Redacción Xove, A Cor de Galicia e, máis recentemente, Grial.
Iniciouse no eido literario con dezasete anos, acadando o segundo premio en lingua galega na XI edición do Concurso Repsol YPF de relatos curtos con O cisne. Conta con dúas novelas publicadas en castelán: El sol y el asfalto (Premio Valentín García Yebra, 2005) e Las lágrimas de Juliana (2020).