Estás aquí:

Código: 165

Fábula

22,10  IVE INCLUIDO
Un importante período da historia galega máis recente, visto con ironía e sarcasmo.
Fábula é un claro exemplo de novela "colada á realidade", adherida a ela coa cola da memoria viva. Cando o autor comezou a escribila, en 1979, pasaron corenta e tres anos desde o estouro da Guerra Civil, mais ás testemuñas aínda lles ardía o sangue. O relato ten diferentes planos de acción, que enfronta a Guerra e a Transición democrática, a Galicia da longa noite de pedra e as Américas do exilio. Amor, odio, morte, vinganza e un segredo inconfesable marcan a trama desta obra que mereceu os premios Cidade da Coruña e da Crítica Española.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 292
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 23/04/2015
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na colección: 41
Edición: 2ºª
Editorial: Galaixa
ISBN: 978-84-9865-601-5
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

Recesións relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Alcalá, Xavier
Xavier Alcalá

(Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de Telecomunicación e doutor en Informática. Criado e formado en Ferrol, amosou cedo a súa vocación literaria en letras de cancións, artigos de xornal e relatos breves. Nos textos longos iniciouse con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), ao que seguirían títulos como A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Premio Cidade da Coruña e da Crítica Española, Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén da desventura (Premio Blanco Amor, 1998) Tamén é autor da triloxía Evanxélica memoria sobre os avatares das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007). En 2012 publicou Verde oliva, novela sobre a revolución cubana contra Batista, e en 2018 The Making of, onde descobre aventuras perigosas e silenciadas da emigración galega na Arxentina. En 2024 volveu a Cuba con A capital do mundo, primeira entrega da Triloxía dos Mayimbes.

As súas obras

Oferta Arxentina
pack arxentina
15.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.75€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
28.15€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
17.60€ CON IVE
70º norte
9788411761420
22.55€ CON IVE
900
900
22.60€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
26.10€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
21.40€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
15.90€ CON IVE